Thursday 02 de May de 2024

Cabanas organiza un obradoiro de primeiros auxilios para familias


Está orientado a ofrecer recursos para evitar e solucionar situacións comúns en crianzas entre os 0 e os 3 anos

 

A área de servizos sociais do Concello de Cabanas organiza un obradoiro de primeiros auxilios para familias, co obxectivo de ofrecer recursos que permitan evitar e solucionar diferentes situacións comúns en crianzas entre os 0 a 3 anos.

As persoas participantes nesta xornada aprenderán a realizar as manobras de RCP e de desobstrución da vía aérea, ao tempo que tamén coñecerán como abordar situacións como a febre, os traumatismos ou as feridas, entre outros.

A xornada realizarase o venres 21 de abril, entre as 17 e as 18.30h, na Escola Laica. Para participar, é necesario inscribirse chamando ao 649 075 263 ou escribindo a servizos.sociais@cabanas.gal.